Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento da forestación de terras non agrícolas (expediente 11150009/2009 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11150009/2009 e 11270045/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédese aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 11150009/2009.

Interesado: Manuel Budiño Pereiro.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: avda. de Glasgow, 18, 7º C, 15008 A Coruña.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 11270045/2009.

Interesada: Concepción Álvarez Fernández.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. do Vilar dos Adrios, 10, Baleira (Lugo).