Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro 5.272 Goleta, sito no concello de Toén (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.272.

Nome: Goleta.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionaria: Astur Gallega de Minería, S.L.

Enderezo: avenida Habana, 3, entr. 32003 (Ourense).

Data de solicitude: 3 de maio de 2016.

Cuadrículas: 8.

Recursos: recursos da sección C.

Concello: Toén (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 01’ 00”

42º 18’ 40”

2

8º 01’ 00”

42º 19’ 00”

3

8º 00’ 20”

42º 19’ 00”

4

8º 00’ 20”

42º 19’ 20”

5

7º 59’ 20”

42º 19’ 20”

6

7º 59’ 20”

42º 18’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de maio de 2016

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense