Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a mellora da calidade da plataforma tecnolóxica da pesca (Rexistro de Buques de Galicia e xestión dos permisos de marisqueo a pé), cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (expediente 48/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 48/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento dun sistema de información que dea soporte á xestión de dous elementos clave nos servizos proporcionados a través da plataforma tecnolóxica:

• Rexistro de Buques de Galicia, para dar soporte aos procedementos administrativos ligados ao rexistro de buques (alta, baixa e modificación).

• Permisos de marisqueo a pé. Soporte dos procedementos administrativos relacionados con estes permisos, incluíndo os de embarcación auxiliar.

b) División por lotes e número: si.

• Lote 1: Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

• Lote 2: sistema de xestión de permisos de marisqueo a pé.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 284.842,97 € (douscentos oitenta e catro mil oitocentos corenta e dous euros con noventa e sete céntimos), máis 59.817,02 € (cincuenta e nove mil oitocentos dezasete euros con dous céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 344.659,99 € (trescentos corenta e catro mil seiscentos cincuenta e nove euros con noventa e nove céntimos), que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:

• Lote 1: Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

2016: 106.297,52 + IVE (22.322,48 €) = 128.620,00 €

2017: 58.991,73 + IVE (12.388,26 €) = 71.379,99 €

Total: 165.289,25 + IVE (34.710,74 €) = 199.999,99 €

• Lote 2: sistema de xestión de permisos de marisqueo a pé.

2016: 76.892,56 € + IVE (16.147,44 €) = 93.040,00 €

2017: 42.661,16 € + IVE (8.958,84 €) = 51.620,00 €

Total: 119.553,72 € + IVE (25.106,28 €) = 144.660,00 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=32354

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 18 de xullo de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 6 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia