Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23611

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas da Axencia.

En consecuencia, por proposta da Dirección da Axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de xuño de 2016, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro. Clasifícanse de libre designación os postos que a continuación se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Libre designación

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

FC.A29.10.000.15001.001

Delegado/a

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia:

Exercicio das competencias da Axencia Tributaria de Galicia nas delegacións.

FC.A29.10.000.27001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.32001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.36001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.36560.001

Delegado/a

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de xuño de 2016, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file