Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23658

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polas súas necesidades funcionais e organizativas.

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de xuño de 2016, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Libre designación

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.101.00.001.15770.005

Xefatura de Sección de Coordinación

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

PX.499.40.501.36001.001

Director/a Centro de Tecnificación Deportiva

• Especial responsabilidade por dirixir un centro con características singulares:

Responsable dun centro en que están internados menores en formación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de xuño de 2016, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Presidencia da Xunta de Galicia

Relación de equivalencias das prazas que cambiaron o seu código de posto:

RPT NOVA

RPT ANTIGA

UNIDADE ADMINISTRATIVA

CÓDIGO

DENOMINACIÓN

UNIDADE ADMINISTRATIVA

CÓDIGO

DENOMINACIÓN

S. X. DA EMIGRACIÓN E DAS COMUNIDADES GALEGAS

PX.301.00.002.15770.020

XEFATURA SECCIÓN II

S. X. DA EMIGRACIÓN E DAS COMUNIDADES GALEGAS

PX.301.00.002.15770.033

XEFATURA SECCIÓN I

S. X. DA EMIGRACIÓN E DAS COMUNIDADES GALEGAS

PX.301.00.002.15770.034

XEFATURA SECCIÓN I

S. X. DA EMIGRACIÓN E DAS COMUNIDADES GALEGAS

PX.301.00.002.15770.040

XEFATURA SECCIÓN II

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.005

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO I

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.009

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO I

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.006

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO II

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.010

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO II

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.007

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO III

S.X. DE XESTIÓN DEPORTIVA

PX.401.00.001.15770.011

XEFATURA NEGOCIADO ADMINISTRATIVO III

CAMPO DE FÚTBOL DO COUTO

PX.499.40.501.32001.101

MOZO/A DE MANTEMENTO

COMPLEXO DEPORTIVO MONTERREI

PX.499.40.501.32570.109

MOZO/A DE MANTEMENTO