Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público educativo da escola infantil de 0 a 3 anos.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión do 31 de maio de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público educativo da escola infantil municipal de 0 a 3 anos, sita no recinto das piscinas do parque tecnolóxico de Galicia mediante a modalidade de concesión, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Concello de San Cibrao das Viñas. Oficinas xerais.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4º. Teléfono: 988 38 10 34.

5º. Telefax: 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 29/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público educativo da escola infantil municipal de 0 a 3 anos, sita no recinto das piscinas do parque tecnolóxico de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: escola infantil municipal sita no recinto das piscinas do parque tecnolóxico de Galicia.

1º. Domicilio: recinto das piscinas do parque tecnolóxico de Galicia.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 85312110-3 (Servizo de coidado diúrno para nenos).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación (se é o caso) os establecidos na cláusula 20 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 876.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 438.000,00 euros. Importe total: 438.000,00 euros.

6. Garantía exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: si.

c) Outros requisitos específicos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no BOP de Ourense.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello de San Cibrao das Viñas. Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza de Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911 Ourense.

4º. Enderezo de correo electrónico: info@sancibrao.es

c) Admisión de variante: non procede.

9. Apertura de ofertas.

a) Domicilio: Concello de San Cibrao das Viñas. Praza da Constitución, 1.

b) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911 Ourense.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello coa antelación suficiente.

10. Gastos de publicidade: si.

11. Outras informacións: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

San Cibrao das Viñas, 2 de xuño de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde