Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23451

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 7 de xuño, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 184/2016, do 3 de maio, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 6 de xuño e aprobada por esta xunta no día da data.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, de la Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da Lorex no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión Radio e Televisión o día 6 de xuño, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais convocadas polo RD 184/2016, co fin de que as entidades políticas que se consideren afectadas poidan examinar a devandita proposta e os seus antecedentes, na secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo, e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que consideren oportunos.

A Coruña, 7 de xuño de 2016

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza na Xunta Electoral Provincial da Coruña