Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23547

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato (expediente CGSIB/001/16/SE).

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/001/16/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: servizo de desinfección, desinsectación e desratización; mantemento do sistema de autocontrol e servizo de recollida de residuos sanitarios nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 78.650 €.

Adxudicataria: Cosaplag, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 4.5.2016.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica moi completa e adaptada ao exixido nos pregos reitores da licitación.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto do perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar