Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación dos servizos avanzados de desenvolvemento, análise e operación para o almacén de información analítica (expediente AB-CON1-16-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5 de xullo de 2016.

d) Número de expediente: AB-CON1-16-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos avanzados de desenvolvemento, análise e operación para o almacén de información analítica da Consellería de Sanidade.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Plan de evolución funcional e técnica do sistema

0 -30

Metodoloxía de traballo e plan de participación de recursos

0 -20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 351.480 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 146.600 euros. Importe total: 177.386 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de licitación, excluído o (IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría A, B, C ou D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1. e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5 de xullo de 2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de maio de 2016.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos