O 10 de maio de 2016 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de decembro de 2014 (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro), ditou resolución do recurso de alzada RA-COM-4/15 interposto por Creaciones López, S.A. (Calzados Romer).
De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Creaciones López, S.A. (Calzados Romer) a resolución antes referida.
A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio ou o de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria