Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/380-1).

Expediente: IN407A 2016/380-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMC-724 A Choupana.

Concello: Oleiros.

Características técnicas: desmantelamento LMTA SMC-724 A Choupana, a 15 KV, cunha lonxitude de 985 m, con orixe no apoio nº 13 existente que se vai retirar da LMT SMC-724 (expediente 30.030), no tramo entre o CT Urbanización Toxeiras (expediente 354/02) e a derivada ao CT Urbanización Monte do Sino (expediente 12/00).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 236 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-724, para realizar a pé do apoio nº 13 que se vai retirar (expediente 30.030) no tramo entre o CT Urbanización Toxeiras (expediente 354/02) e a derivada ao CT Urbanización Monte do Sino (expediente 12/00), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS SMC-724 (expediente 12/00) que alimenta o CT Urbanización Monte do Sino (expediente 12/00).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,125 m, con orixe en cela de liña existente no CT Urbanización Monte do Sino (expediente 12/00), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS SMC-724 (expediente 331/04), no tramo entre o CT Vista Alegre (expediente 60/96) e o S Urbanización As Cancelas, despois de realizar entrada e saída no CT A Choupana (expediente 66/2014) e o CT Vista Alegre (expediente 60/96).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña