Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23040

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016 pola que se lle encarga ao medio propio empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo para a recollida e valorización de residuos de plásticos agrícolas nos concellos adheridos ao programa de recollida de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia.

1. Encomenda de xestión relativa á recollida e valorización dos residuos de plásticos agrícolas.

– Actividade. Recollida e valorización dos residuos de plásticos agrícolas, almacenados nos puntos de almacenamento de plásticos agrícolas localizados nos concellos adheridos ao Programa de recollida de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no punto 2 do artigo 1 da instrución conxunta das consellerías de Economía e Facenda e do Medio Rural, sobre o réxime das encomendas á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., do 19 de marzo de 2007.

– Prazo de vixencia. O prazo da execución da encomenda será de tres meses e comezará a computarse desde o día seguinte ao da sinatura da resolución.

– Modalidade de financiamento. As actuacións serán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.03.541D.6401.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio