Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 10 de maio de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación do procedemento para a imposición de multa coercitiva ditada no expediente sancionador 026/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas que se citan a continuación a apertura do procedemento para a imposición de multa coercitiva ditada no expediente sancionador instruído por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

Nº de expediente: 026/14.

Denunciados: herdeiros de Mª Fuencisla Roca de Togores Rodríguez de Mesa.

Enderezo: rúa Lombia, 5, 3º esqda., 28009 Madrid.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 10 de maio de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra