Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23133

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas de Fundamentos de Composición (594412) e Óboe (594419), apertura realizada mediante o Anuncio do 4 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 11 de maio).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos nas especialidades de Fundamentos de Composición (594412) e Óboe (594419), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Fundamentos de Composición (594412) e Óboe (594419).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos