Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (688/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 688/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Quintáns Pazos contra Ferralla Castro, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido Antonio Quintáns Pazos da súa demanda contra Ferralla Castro, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ferralla Castro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza