1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Augas de Galicia.
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través da http://www.xunta.gal, e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.688.374.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: desenvolvemento e execución do plan de control de verteduras da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, zona centro.
c) Lugar de execución: zona centro da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.
d) Prazo de execución: trinta (30) meses.
e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de trinta (30) meses.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria da licitación.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Valor estimado do contrato: 2.040.066,98 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e as eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.020.033,49 euros. Importe total: 1.234.240,52 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia: as condicións mínimas da solvencia económica e financeira acreditaranse coa cifra anual de negocios e as da técnica ou profesional, coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 204.006,70 euros, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.
b) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 22 de xullo de 2016.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público das ofertas contidas no sobre C, segundo se indica no punto seguinte.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar; do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 4 de agosto de 2016, ás 9.00 horas, e a do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea e da súa publicación no perfil do contratante: 25 de maio de 2016.
12. Outras informacións:
a) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.
d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.
e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia