Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22535

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016 pola que se dispón a substitución dun vogal da Comisión da Transparencia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia e atribúelle no seu número 2.a) a súa presidencia ao Valedor do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á presidencia da dita comisión, e por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Eduardo Ramonde Rodríguez como vogal da Comisión da Transparencia en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Segundo. Nomear a Lucía González Louro, responsable da Área de Transparencia da Federación Galega de Municipios e Provincias, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do pobo