Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de maio de 2016 pola que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva POL/148/2014-A1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 13 de abril de 2016, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente sancionador POL/148/2014, que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de planta baixa de 45 m2, soleira de 18 m2, pérgola móbil e soleira de 38 m2 no lugar de Area Brava, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Lucía Fernández García e Lino José Muíños Vázquez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística