Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a acta de control para a verificación posterior aos 5 anos previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca, no marco da medida 2.3 do programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada os actos administrativos que se sinalan no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro e constancia da resolución.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous (2) meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Nieto Ares, S.L.

NIF: B36283331.

Número de expediente SXPA: PE201B/2010/92-5.

Acto de notificación: acta de control para a verificación posterior aos 5 anos (artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006).

Último enderezo coñecido: polígono industrial Sete Pías, parcelas 24 e 25, 36630 Cambados, Pontevedra.