Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22555

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña e se procede á súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 307898.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do título de técnico superior dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das seguintes especialidades: Produción Acuícola, Análise e Control ou Anatomía Patolóxica e Citoloxía obtido con posterioridade ao 31 de decembro de 2012 e teñan cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situado na Comunidade Autónoma galega e non ter desfrutado destas bolsas ou similares en anteriores convocatorias durante un período dun ano ou superior.

Segundo. Obxecto

Completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de maio de 2016 pola que se aproban as bases que rexeran a convocatoria de bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña e se procede a súa convocatoria.

Cuarto. Contía

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 14 03 561A 4800 (153.600,00 €) e 14 03 561A 4840 (9.600,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2016-2018 que se destinaran ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social respectivamente.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos euros (800 €).

O número de bolsas é de oito.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar