Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22726

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia, ordenada pola Resolución do 27 de maio de 2016, para a posta á disposición dos espazos precisos e os traballos de apoio para a organización das probas selectivas correspondentes a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional.

En cumprimento dos artigos 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a dar publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia, ordenada por Resolución do conselleiro de Sanidade do 27 de maio de 2016, coas seguintes características:

1. A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para a realización das probas selectivas correspondentes a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional do Servizo Galego de Saúde, que se celebrarán os días 28 e 29 de maio de 2016 en xornada de mañá e tarde, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, ás directrices de execución e ao cronograma das actividades.

2. A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida en que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.

3. As probas selectivas a que se refiren as actividades encomendadas realizaranse os días 28 e 29 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde