Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de abril de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, pola que se notifica o trámite de audiencia relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria (expediente RP-2010-0069-C).

Mediante escritos do 7.9.2015 e 2.10.2015 (con datas de rexistro de saída do 11.9.2015 e 5.10.2015 respectivamente) intentouse a comunicación aos reclamantes, Natalia Lueiro Corzón e Darío Lueiro Corzón, do trámite de audiencia relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria prestada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (expediente RP-2010-0069-C).

Intentada a notificación deste trámite de audiencia segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Natalia Lueiro Corzón e Darío Lueiro Corzón, o contido do referido trámite de audiencia que figura como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Consonte o artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación do trámite de audiencia pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde os interesados poderán comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados desde a data de publicación deste trámite de audiencia, para formular alegacións e presentar os documentos ou xustificacións que coiden pertinentes (artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Mercedes Lanza Gándara
Subdirectora xeral de Inspección, Auditoría e
Acreditación de Servizos Sanitarios

ANEXO

Nº expediente: RP-2010-0069-C.

Reclamantes: Natalia Lueiro Corzón e Darío Lueiro Corzón.

NIF: *****302Z; *****300N.

Último enderezo coñecido: rúa Nelson Mandela, nº 75, 15830, Negreira (A Coruña).

Contido da notificación: comunicación do trámite de audiencia relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria.

Lugar de comparecencia: rúa Manuel Murguía, 10, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.

Prazo de comparecencia: 15 días.