Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO dun contrato de xestión de instalacións municipais.

1. Organismo: Concello de Outeiro de Rei.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

b) Domicilio: Praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.

d) Teléfono: 982 39 32 81.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.outeiroderei.org

As publicacións sucesivas dos actos relativos á tramitación do contrato levaranse a cabo no perfil do contratante do Concello de Outeiro de Rei.

Os pregos de condicións administrativas particulares e de condicións técnicas están publicados no perfil do contratante. Os proxectos técnicos e informes técnicos están dispoñibles na Secretaría da Corporación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

Descrición: xestión de instalacións municipais afectas aos servizos municipais de abastecemento e evacuación de augas do Concello de Outeiro de Rei.

b) Lugar de execución: termo municipal de Outeiro de Rei.

1º. Domicilio.

2º. Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.

c) Prazo de execución: dous anos.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 65100000-4; 90400000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: menor prezo do contrato: 0-30 puntos. Programa de xestión: 0-20 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

Valor: 80.000 euros. IVE (%) 21. Prezo licitación: 96.800 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva 5 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica: volume anual medio de negocios dos dous últimos exercicios, igual, polo menos, ao importe do valor do contrato.

b) Solvencia técnica: relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, relativas a contratos de servizos ou de xestión de servizo público. O importe medio anual deberá ser igual, polo menos, ao 150 % do importe do valor do contrato.

c) Acreditación alternativa: clasificación: grupo O, subgrupo 4, categoría 1.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días contados desde a publicación no BOP de Lugo.

b) Modalidade de presentación: en sobre pechado.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Outeiro de Rei.

2º. Domicilio: Praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.

Outeiro de Rei, 12 de maio de 2016

José Pardo Lombao
Alcalde