Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-02-2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-02-2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a prestación de actividades culturais e deportivas.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemiento: aberto, con multiplicidad de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Prezo anual: 177.435,38 € máis 37.261,42 € de IVE (21 %), total de 214.696,80 €; prezo total do contrato: 429.393,60 € (valor estimado: 709.741,52 €, incluídas as posibles prórrogas).

5. Duración.

Dous anos, prorrogable anualmente, por outros dous anos.

6. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52. Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Solvencia económico-financeira e técnica.

9.1. Solvencia económica. Mínimo: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior a 600.000 euros, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato. Acreditarase mediante o documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda.

9.2. Solvencia técnica. Mínimo: presentación da relación dos principais servizos ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato realizados nos cinco últimos anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, avalados por certificados de boa execución. Mínimo de solvencia técnica: requirirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 124.204,77 euros.

10. Criterios de adxudicación do contrato.

10.1. Proposta de programación, cláusula 16.1.1 do PCAP, ata 30 puntos con dous subcriterios:

10.1.A. Proposta de programas, segundo o anexo I do PPT, ata 20 puntos.

10.1.B. Sistemas de control, seguimento e avaliación dos programas de actividades: ata 10 puntos.

10.2. Menor prezo proposto: ata 30 puntos, cláusula 16.1.2 do PCAP.

10.3. Melloras detalladas no PPT: ata 7 puntos, cláusula 16.1.3 do PCAP.

11. Apertura das ofertas.

Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 7 deste anuncio.

13. Gastos do adxudicatario: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 30 de maio de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa