Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do recurso de alzada do expediente sancionador MON-LU-0024/2015-CAF.

De coformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial do Estado.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal-Servizo de Xestión Forestal-, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio ou ben ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8,14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0024/2015-CAF.

Interesado: Clara Roca Corral.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.