Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se convoca a contratación da subministración, a través dun acordo marco suxeito a regulación harmonizada, de uniformes e roupa plana para os centros dependentes desta consellería, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria documentalmente simplificada (expediente 06/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26987.

e) Número de expediente: 06/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: determinar, mediante un acordo marco, as condicións a que haberán de suxeitarse os contratos derivados que adxudicará o órgano de contratación para a subministración de uniformes e roupa plana para os centros dependentes da Consellería de Política Social. O acordo marco comprenderá a determinación dos artigos que se fornecerán, os prezos unitarios (que terán o carácter de máximos) e outras condicións xerais da subministración, así como os termos básicos a que haberán de axustarse os contratos que deriven do presente acordo marco, de acordo coas especificacións que se describen no prego de prescricións técnicas.

c) Nomenclatura CPV lote 1:

Lote 1: 18100000-0 (roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios).

18800000-7 (calzado).

Lote 2: 39510000-0 (artigos téxtiles para uso doméstico).

33772000-2 (artigos dun só uso de papel).

d) Nomenclatura CPA:

Lote 1: 14.12 (roupa de traballo).

15.20 (calzado).

Lote 2: 13.92.1 (artigos de uso doméstico confeccionados con materias téxtiles).

17.22.11 (manteis e servilletas de papel).

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

• Lote 1: uniformes para o persoal.

• Lote 2: roupa plana.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social que conforman cada un dos lotes de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas.

g) Prazo de execución/entrega: o acordo marco estará vixente durante o prazo de 24 meses a partir da data de formalización. O prazo de vixencia do acordo marco poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente, polo que o período máximo de duración será de 48 meses, incluídas as prórrogas.

As entregas serán todos os días da semana excluídos os domingos e festivos. Como parte da prestación contractual, as empresas adxudicatarias deberán realizar a carga e descarga das mercadorías, así como o seu traslado no interior dos edificios ata os lugares de almacenaxe habilitados en cada centro.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado.

a) Valor estimado do contrato: o valor máximo estimado deste acordo marco é de 3.003.407,83 € (tres millóns tres mil catrocentos sete euros con oitenta e tres céntimos).

b) Valor estimado por lotes:

– Valor estimado lote 1: 1.405.218,94 €.

– Valor estimado lote 2: 1.598.188,90 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si, pola contía do 5 % do importe de licitación, IVE excluído, de conformidade co establecido no artigo 95.3 do TRLCSP.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 17 e 18 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 56 43 (Luís Miguel Vázquez Carreira).

– Información técnica: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26987.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: o prazo de presentación de proposicións termina o día 21 de xuño de 2016, de acordo co establecido no artigo 159 do TRLCSP, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación e que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: segundo o establecido no número 20 da folla de especificacións do PCAP, as proposicións presentaranse na Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e comunicándoo á Secretaría Xeral Técnica mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido no número 20 da folla de especificacións do PCAP (fax do Servizo de Contratación e Control Económico Contractual: 981 54 56 85).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores, non será admitida á licitación.

c) Documentación que deben presentar: a sinalada nos puntos 5.3, 5.4 e 5.5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante, como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 Orde 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social