Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2015/182-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT CII804 ao CT Vilariño (36CK97).

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ, en dous tramos:

• 257 metros; orixe: paso aéreo subterráneo no apoio proxectado nº 1 CH-2500-11-P; final: punto de acceso (P.A.) sobre canalización existente nº 4.

• 484 metros; orixe: P.A. proxectado sobre canalización existente nº 5; final: CT existente Vilariño.

Adecuación das celas do centro de transformación existente Vilariño 36CK97 (250 kVA).

Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado nº 1 CH-2500-11-P.

A instalación está situada na zona do Hío, Cangas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 9 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra