Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de maio de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 9 de maio de 2016, ditada no expediente sancionador AC-13/16, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días conforme co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 26 de maio de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-13/16.

Denunciada: A Taberna Santiago de Chile, S.C.

NIF: J70403043.

Establecemento: Don Diego de la Vega.

Enderezo: rúa Santiago de Chile, 3, baixo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra e), da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 9 de maio de 2016.

Sanción: multa de douscentos cincuenta euros (250 €).