Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22395

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.

50.400,00 €

11.4.2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)e o Concello de Monforte de Lemos para a obra da estación depuradora de augas residuais e bombeo saída río Cabe (1ª fase) da área loxística e intermodal porto seco de Monforte de Lemos (Lugo).

143.900,00 €

5.5.2016

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

690.294,30 €

3.5.2016