Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, con tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza das oficinas de emprego e dos centros de formación dependentes desta xefatura territorial (expediente 01/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 881 88 15 90.

5º. Fax: 981 18 47 90.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: 21 de xuño de 2016, ás 14.00 horas.

d) Número de expedientes: 1.

e) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 10 de maio de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente nº 01/2016.

Servizo de limpeza xeral das oficinas de emprego e dos edificios dos centros de formación e unidades de acción formativa dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes: 2 lotes.

d) Prazo de execución: desde o 1 de agosto de 2016 ata o 31 de xullo de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincocentos noventa e cinco mil seiscentos sesenta euros (595.660 €). IVE (21 %): cento vinte e cinco mil oitenta e oito euros con sesenta céntimos (125.088,60 €). Importe total: setecentos vinte mil setecentos corenta e oito euros con sesenta céntimos (720.748,60 €), dividido por lotes:

Lote 1: importe neto: 331.344 €. IVE (21 %): 69.582,24 €. Importe total: 400.926,24 €.

Lote 2: importe neto: 264.316 €. IVE (21 %): 55.506,36 €. Importe total: 319.822,36 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares no punto 4.3.1.c).

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de xuño de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2º. Domicilio: Edificio Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2.

3º. Código postal e localidade: 15071 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 10.00 horas do 5 de xullo de 2016.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver prego de cláusulas administrativas particulares no punto 1.3.

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 13 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña