Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de maio de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-11/2016, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-11/2016, xa que, intentada a notificación polo medio habitual, non se puido efectuar.

Dispón dun prazo de quince (15) días para presentar, ante o instrutor do procedemento, as alegacións, os documentos e as informacións que considere convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Ourense, 24 de maio de 2016

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-11/2016.

Titular sancionada: Umbelina Rosa Pires.

Establecemento: Shambala.

Domicilio: Nacional 525-30.

Localidade: As Ferreiras, Riós.

Incoación: 8 de abril de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.