Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (17/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 17/2016, por instancia de Manuel Rey Serrano, contra o executado Ismael José Miguens Lomba, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 12 de maio de 2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 1.136,74 euros de principal máis 134 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza