Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (29/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 29/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Ramos Rodríguez contra Asproga e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e sete de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Santiago Ramos Rodríguez presentou demanda de execución fronte a Asproga e Fogasa.

Segundo. Ditouse auto mediante o que se despacha execución con data do 11.2.2016 por un total de 14.645,71 euros en concepto de principal (13.466,19 euros en concepto de indemnización e 1.179,52 euros en concepto de liquidación), máis outros 1.464,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, o letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Asproga en situación de insolvencia total por importe de 14.645,71 euros en concepto de principal (13.466,19 euros en concepto de indemnización e 1.179,52 euros en concepto de liquidación), máis outros 1.464,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva para os efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Asproga, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza