Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21796

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2016, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 90/2016.

Unha vez recibido na CRTVG o escrito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento ordinario 90/2016, iniciado por instancia de Juliana Marta González Sánchez contra a resolución desestimatoria de reclamación en materia de responsabilidade patrimonial, a Dirección Xeral da CRTVG

RESOLVEU:

Ordenar a remisión do expediente ao xulgado e, en aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer como demandados no procedemento de referencia no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da recepción desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016

Jorge Varela Fernández
Director de Recursos Humanos