Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/146-1).

Expediente: IN407A 2016/146-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación MT Alcalde Alfonso Molina, s/n (Begano).

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Reforzo do tramo da liña de media tensión aérea EIR-721 entre apoios nº D16 e nº D16-3 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,134 km, coa orixe no apoio nº D16 existente da LMTA EIR-721, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio nº D16-2 proxectado da LMTA EIR-721.

Reforzo do tramo da liña de media tensión aérea EIR-721 entre apoios nº D16-1 e nº D16-1-1 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,024 km, coa orixe no apoio nº D16-1 proxectado da LMTA EIR-721, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio nº D16-1-1 existente da LMTA EIR-721.

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, coa orixe en empalmes que se realizarán en punto de acceso á rede proxectado en calzada na LMTS EIR-721, no tramo entre o CT Escorial (expediente 429/09) e o CT Iluminación Palavea (expediente 318/04). Condutor tipo RHZ1-12/20 KV-1×240 mm2 Al e final no CS Begano proxectado (entrada e saída).

Centro de seccionamento 3L en edificio non prefabricado.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña