Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21223

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 11 de maio de 2016 de modificación da Orde do 21 de setembro de 2015 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Galega de Infraestruturas.

No Diario Oficial de Galicia núm. 213, do 9 de novembro de 2015, publicouse a Orde do 21 de setembro de 2015 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Galega de Infraestruturas, como entidade pública instrumental adscrita a esta consellería.

A Axencia Española de Protección de Datos cando comunicou a inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos dos ficheiros regulados na orde salientou que a epígrafe «Comunicacións ou cesións de datos» dalgúns dos ficheiros era demasiado xenérico e impedía que os destinatarios deses datos foran identificables para unha adecuada protección dos dereitos dos afectados dos cales proviñan, de conformidade co artigo 5.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos.

En estrito cumprimento do artigo 54.1.d) do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei orgánica de protección de datos, o cal exixe que «a disposición ou acordo de creación do ficheiro deberá conter as comunicacións de datos previstas, indicando, de ser o caso, os destinatarios ou categorías de destinatarios», faise preciso modificar as diferentes cesións de datos nos ficheiros declarados.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modificar a epígrafe «Comunicacións ou cesións de datos» do anexo Ficheiros de nova creación de cada un dos ficheiros que se detallan no anexo desta orde, co obxecto de que os destinatarios das ditas cesións sexan identificables.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Para cada un dos ficheiros que se detallarán, procédese á súa corrección nos seguintes termos:

Na páxina 42566, Denominación do ficheiro: «Relacións informativas coa cidadanía e entidades» onde di:

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Debe dicir:

Comunicacións ou cesións de datos

Ministerio con competencia en ambiente e ordenación do territorio.

Ministerio con competencia en fomento.

Ministerio competente en materia de interior.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería competente na área de administracións públicas, incluída a Administración de xustiza.

Consellería competente en materia de ambiente e ordenación do territorio.

Consellería competente en infraestruturas e transportes.

Consellería competente en materia de facenda, economía e industria.

Consellería competente en políticas socias e emprego.

Consellería competente en materia de educación e cultura.

Consellería competente en medio rural e mar.

Consellería competente en sanidade.

Na páxina 42567, Denominación do ficheiro: «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», onde di:

Comunicacións ou cesións de datos

Outras administracións públicas.

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Debe dicir:

Comunicacións ou cesións de datos

Ministerio con competencia en ambiente e ordenación do territorio.

Ministerio con competencia en fomento.

Ministerio competente en materia de interior e administracións públicas.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería competente na área de administracións públicas, incluída a Administración de xustiza.

Consellería competente en materia de ambiente e ordenación do territorio.

Consellería competente en infraestruturas e transportes.

Consellería competente en materia de facenda, economía e industria.

Consellería competente en políticas socias e emprego.

Consellería competente en materia de educación e cultura.

Consellería competente en medio rural e mar.

Consellería competente en sanidade.

Na páxina 42569, Denominación do ficheiro: «Actividades dirixidas á cidadanía», onde di:

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Debe dicir:

Comunicacións ou cesións de datos

Ministerio con competencia en ambiente e ordenación do territorio.

Ministerio con competencia en fomento.

Ministerio competente en materia de interior e administracións públicas.

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consellería competente na área de administracións públicas, incluída a Administración de xustiza.

Consellería competente en materia de ambiente e ordenación do territorio.

Consellería competente en infraestruturas e transportes.

Consellería competente en materia de facenda, economía e industria.

Consellería competente en políticas socias e emprego.

Consellería competente en materia de educación e cultura.

Consellería competente en medio rural e mar.

Consellería competente en sanidade.

Na páxina 42569, Denominación do ficheiro: «Rexistros», onde di:

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Administración local.

Debe dicir:

Comunicacións ou cesións de datos

Rexistros da Administración do Estado.

Rexistros da Comunidade Autónoma.

Rexistros das entidades locais.