Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica emprazamento persoal.

Con data do 26 de abril de 2016, a Dirección Xeral da Función Pública fixo un emprazamento persoal a Tito Javier Taboada López, requirido pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a esta dirección xeral, relativo aos aspirantes que superaron o proceso selectivo a que se refire o recurso contencioso-administrativo P.O. 290/2015, contra o Acordo do 16 de abril de 2015 do tribunal do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Logo de intentar, dúas veces, a notificación do citado emprazamento a través do servizo de Correos no domicilio que consta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícaselle a Tito Javier Taboada López o emprazamento antes referido.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do siguiente ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no páragrafo anterior sen que o interesado compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de julio).

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública