Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21106

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016 pola que se fai pública a concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

A Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 9 de febreiro de 2016 (DOG núm. 41, do 1 de marzo), aproba as bases reguladoras e procede á convocatoria dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En virtude do disposto na base décima desta resolución, e tendo en conta a proposta da comisión de avaliación e selección prevista na base sétima da referida convocatoria, a dirección deste organismo

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da identidade da persoa beneficiaria da bolsa e o importe da axuda concedida.

Estes datos xúntanse como anexo.

Segundo. No caso de producirse a renuncia a esta bolsa, de acordo co establecido na base décimo cuarta, será adxudicada ao/á candidato/a que corresponda, segundo a orde de puntuación, dos/das que figuran na listaxe de reserva publicada na páxina web oficial da EGAP.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

NIF: 44487966D.

Adxudicatario: Diego Vázquez Rivada.

Importe: 12.100 €.