Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 12 de abril de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e das bateas Majol I, Milo, Modesto II e Portas II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos da transmisión das bateas Majol I, Milo, Modesto II e Portas II, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 2.2.2016, Ramiro Millán Fragua solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Majol I, Milo, Modesto II e Portas II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Bateas Mifra, S.L. (B94129780), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majol I.

Situación:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: E.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.6.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Milo.

Situación:

Cuadrícula nº: 312.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Modesto II.

Situación:

Cuadrícula nº: 174.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.11.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portas II.

Situación:

Cuadrícula nº: 160.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.9.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ramiro Millán Fragua (35461557L), Mª Luisa Fragua Vázquez (35426014B), Mª Luisa Millán Fragua (35452771L) e Pilar Millán Fragua (35466318L).

Nova titular: Bateas Mifra, S.L. (B94129780).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 12 de abril de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo