Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de emenda de defectos do expediente IN 614C 2013/1943-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar se farán por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase os interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 20 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 614C 2013/1943-1.

Interesado: Graciano Grandío Iglesias.

CIF: 53161312D.

Acto de notificación: requirimento de emenda de defectos.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 620A 2013/24-1.

Interesado: Graciano Grandío Iglesias.

CIF: 53161312D.

Acto de notificación: requirimento de emenda de defectos.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 603D 2013/31-1.

Interesado: Graciano Grandío Iglesias.

CIF: 53161312D.

Acto de notificación: requirimento de emenda de defectos.

Concello: A Coruña.