Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas e no prego de cláusulas administrativas particulares publicados mediante a Resolución do 19 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de auditoría e vixilancia da ciberseguridade na Xunta de Galicia (expediente 38/2016), e se abre un novo prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas e no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 19 de maio de 2016 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27295

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de maio de 2016.

A data límite da obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 27 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia