De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: A Coruña.
Concello: Muxía.
Código: 15009597.
Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria de Vilarmide.
Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria de Vilarmide-Eduardo Noya.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria