Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20996

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de aseguramento dos riscos de responsabilidade civil (contratación documentalmente simplificada).

Este Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/003/16/SE.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servizo de aseguramento dos riscos de responsabilidade civil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: un ano, máis un de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 54.450 euros, impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo,

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións, e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: véxase prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela. (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 22 de xuño de 2016, ás 12.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar