Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia (expediente PA-1/2016)

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 71316000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non harmonizado.

Criterios de adxudicación: os indicados na carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Orzamento base sen IVE: 148.760,33 €. IVE (21 %): 31.239,67 €. Importe total: 180.000 €.

Valor estimado: 198.347,11 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras H e I da carátula.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Medios.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Teléfonos: 981 54 43 81 (consultas administrativas); 981 54 43 30 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 12 89.

e) Enderezo electrónico: contratacion-medios.presidencia@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Enderezo da internet do perfil de contratante onde se poderán obter os pregos relativos a esta contratación:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26986

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 12 89).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas: anunciarase no perfil do contratante, na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio, a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios