Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas, publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2016, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da contratación da subministración dunha solución wifi para centros educativos de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre un novo prazo de presentación de ofertas (expediente 46/2016).

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 2 de maio de 2016 (data de envío ao DOUE) e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 9 de decembro, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26437

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.5.2016.

A data límite de obtención da documentación e información e da presentación das ofertas remata o 22 de xuño de 2016.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia