Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 19 de maio de 2016, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R002/166/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 19 de maio de 2016

A xefa do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Resolución do 20.4.2016)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial do Instituto Galego de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/166/2015.

Interesado: Rubén González Folgueira (Liquidauto).

CIF/NIF: 33537937-G.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.