Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro) correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (DOG do 10 de decembro) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da súa notificación, advertindo que en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e os/as interesados/as poderá/n interpoñer contra elas recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes,
Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Burghard Baltrusch

X2106667M

75/1-15-C

Fernando Aguado Agelet

29102319M

96/1-15-C

Miguel-Ángel Michinel Álvarez

34966524S

209/1-15-C

Fernando Ramos Fernández

34577414L

215/1-15-C

María Victoria Fernández Carballo-Calero

34970217M

212/1-15-C

Cristina López Bravo

10078778V

228/1-15-C

Benigno Fernández Salgado

33852337V

240/1-15-C

Ángel Rodríguez de Lera

76328281K

241/1-15-C

José Fernández Seara

34959146C

254/1-15-C

Concepción Cabrillana Leal

30475915H

333/1-15-C

María Emma Montanos Ferrín

34608481J

399/1-15-C

José María López Vizoso

32631256Y

504/1-15-C

Narciso de Gabriel Fernández

33823302P

518/1-15-C

Manuel García Martínez

10061481Q

529/1-15-C