Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de subministración de materiais de construción para o programa Vigo Emprega.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Expediente: 17478-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: a adquisición dos materiais de construción e o alugamento de maquinaria que se relacionan no anexo I do PPT, para a realización de obras de mantemento nos centros de educación infantil e primaria polo persoal beneficiario do programa Vigo emprega.

División por lotes e número de lotes: si, 6. Lote 1: formigóns, morteiros e areas; lote 2: materiais de albanelaría e sanitarios; lote 3: materiais para carpintaría de aluminio e madeira; lote 4: materiais para fontanaría e saneamento; lote 5: material para instalacións eléctricas; lote 6: alugamento de maquinaria.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: finalizará o día 30 de decembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 144.772,70 euros (IVE incluído). Dotación por lotes: lote 1: 14.110,17 €; lote 2: 74.138,12 €; lote 3: 23.852,55 €; lote 4: 13.555,85 €; lote 5: 12.237,15 €; lote 6: 6.878,58 €.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministración por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202  Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 6 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación