Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20587

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública para a contratación do alugamento de escenarios e elementos auxiliares necesarios para a realización de concertos e actuacións artísticas.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: alugamento de distintos escenarios, estruturas e elementos auxiliares, a súa instalación e desmontaxe, para a realización de diferentes actuacións artísticas que se van desenvolver dentro da programación anual do IMCE en distintas localizacións da cidade.

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 112.000,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 92.561,98 € e 19.438,02 € ao IVE correspondente. Como o obxecto do contrato admite fraccionamiento, prevese a realización independente de cada unha das súas partes mediante a súa división en lotes.

4. Duración do contrato: un ano desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por outro ano ata un máximo de dous, incluído o período inicial e prórroga.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante www.coruna.es. Enderezos de correo electrónico: para consultas administrativas a.canosa@coruna.es, para consultas técnicas: j.rodriguez@coruna.es

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: prezo, características técnicas e melloras (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, e que finaliza ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 13 de maio de 2016

O Presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos