Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se empraza a Iván Couto González como parte interesada no recurso contencioso-administrativo interposto por Beatriz Brea García ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (procedemento ordinario 63/2016-IN).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, que a devolveu por estar ausente no enderezo facilitado para estes efectos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Relacións Laborais e Réxime Xurídico da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia de tal coñecemento.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Procedemento

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

Procedemento ordinario 63/2016-IN

Iván Couto González

Escrito de interposición de recurso contencioso-administrativo

Beatriz Brea García